Cineclube Liceo de Noia

Comezo da nova etapa e películas para abril de 2016

O Cineclube do Liceo de Noia arranca nova etapa, unha etapa na que aparte de estrear este blog tamén ábrense as portas do Cineclube Liceo de Noia a todas as persoas que desexen ver bo cine. A partir deste mes de abril  de 2016 poderán acceder ó Cineclube do Liceo de Noia tanto os/as socios/as  do Liceo coma as persoas que non o son. Podemos asegurar que dende xa haberá unha programación cinematográfica estable en Noia á que poderán acceder todas as persoas que queiran, tanto de Noia como doutros municipios. Para socios/as da Sociedade Liceo de Noia a aportación será de 1€ e para as persoas que non pertenezan á Sociedade Liceo será de 4€.

Xa temos preparada esta nova tempada de cine, na que haberá unha programación estable (2 películas por mes como mínimo) con proxeccións en domingo. Estamos desenvolvendo tamén unha programación infantil e algunha novidade máis. Poñemos a maquina a andar, esperamos que vos faga tanta ilusión a vós ter de novo cinema en Noia, como a nós empezar esta actividade remozada e tan necesaria. Esperámosvos. VIVA O CINEMA!!!!!

Proxección inaugural:

Venres 15 de abril de 2016

Empezamos esta nova etapa como non podía ser doutro xeito, con cinema galego. A película encargada de inaugurar a nova andaina deste Cineclube do Liceo de Noia é o documental FRANKENSTEIN 04155. O accidente do Alvia en Angrois é o protagonista desta xornada de cinema, contaremos coa presencia do seu director Aitor Rei que charlará co público asistente sobre os pormenores na elaboración desta película:


TRAILER:


Link a Film Affinity ficha e datos sobre FRANKENSTEIN 04155


Proxección do Domingo 17 de abril de 2016

O Cinema francés vai ser o protagonista deste día, proxectamos unha das películas francesas máis taquilleiras dos últimos anos: SAMBA de  Olivier Nakache e Eric Toledano:


TRAILER:


Link a Film Affinity ficha e datos sobre SAMBA

Comentarios

No hay ningún comentario

Añadir un Comentario: