Cineclube Liceo de Noia

cinema galego

PROXECCIÓN DO SÁBADO 20 DE MAIO DE 2017 ÁS 20:30 HORAS - CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Escrito por cineclubeliceo 01-05-2017 en cine. Comentarios (0)

PELERINAXES

Proxección especial! 

Celebramos o Día das Letras Galegas!!

Asistirán Simone Seibene, director do documental e Carmen Méndez , protagonista, presentarán a película e charlarán co público o remate da proxección-.


Link a Film Affinityficha e datos sobre PELERINAXES

PROXECCIÓN DO DOMINGO 15 DE NOVEMBRO DE 2017 ÁS 20:00 HORAS

Escrito por cineclubeliceo 10-01-2017 en cine. Comentarios (0)

RAMS (El valle de los carneros)

Festival de Cannes: Mejor película ("Un Certain Regard")

Premios del Cine Europeo: Nominada a Mejor película

Festival de Valladolid - Seminci: Espiga de Oro (Mejor película)



Link a Film Affinityficha e datos sobre RAMS

...Consigue acercarnos a un mundo cerrado, una sociedad añeja enclaustrada en sus tradiciones, incomunicada y sin interés por abrirse a la modernidad. (Pilar Roldán - El Espectador)

...Es una historia simple pero expuesta con una sensibilidad glacial, árida, sin átomo de sentimentalismo. (Jordi Batlle - Fotogramas)

Comezo da nova etapa e películas para abril de 2016

Escrito por cineclubeliceo 28-03-2016 en cine. Comentarios (0)

O Cineclube do Liceo de Noia arranca nova etapa, unha etapa na que aparte de estrear este blog tamén ábrense as portas do Cineclube Liceo de Noia a todas as persoas que desexen ver bo cine. A partir deste mes de abril  de 2016 poderán acceder ó Cineclube do Liceo de Noia tanto os/as socios/as  do Liceo coma as persoas que non o son. Podemos asegurar que dende xa haberá unha programación cinematográfica estable en Noia á que poderán acceder todas as persoas que queiran, tanto de Noia como doutros municipios. Para socios/as da Sociedade Liceo de Noia a aportación será de 1€ e para as persoas que non pertenezan á Sociedade Liceo será de 4€.

Xa temos preparada esta nova tempada de cine, na que haberá unha programación estable (2 películas por mes como mínimo) con proxeccións en domingo. Estamos desenvolvendo tamén unha programación infantil e algunha novidade máis. Poñemos a maquina a andar, esperamos que vos faga tanta ilusión a vós ter de novo cinema en Noia, como a nós empezar esta actividade remozada e tan necesaria. Esperámosvos. VIVA O CINEMA!!!!!

Proxección inaugural:

Venres 15 de abril de 2016

Empezamos esta nova etapa como non podía ser doutro xeito, con cinema galego. A película encargada de inaugurar a nova andaina deste Cineclube do Liceo de Noia é o documental FRANKENSTEIN 04155. O accidente do Alvia en Angrois é o protagonista desta xornada de cinema, contaremos coa presencia do seu director Aitor Rei que charlará co público asistente sobre os pormenores na elaboración desta película:


TRAILER:


Link a Film Affinity ficha e datos sobre FRANKENSTEIN 04155


Proxección do Domingo 17 de abril de 2016

O Cinema francés vai ser o protagonista deste día, proxectamos unha das películas francesas máis taquilleiras dos últimos anos: SAMBA de  Olivier Nakache e Eric Toledano:


TRAILER:


Link a Film Affinity ficha e datos sobre SAMBA